miércoles, 8 de abril de 2015

VISITA Á EXPOSICIÓN "A MEMORIA DOS OBXECTOS NA GALIZA"

Onte fomos de visita ó edificio da Uceira para ver a exposición "A memoria dos obxectos na Galiza". Foi organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares deste centro, coa colaboración da Consellería de Educación, de varios colexios e Concellos e dalgúns comerciantes. 
Subimos en autobús e o primeiro que nos atopamos foi a carpintaría con tódalas ferramentas dos carpinteiros, pero tamén había unha xastraría, obxectos da casa, unha biblioteca...












No colmado chamáronnos a atención unhas básculas moi antigas e moi raras que funcionaban con pesas. Despois vimos a barbería e... unha sala de cine con película e todo!!!





Seguimos ollando os apeiros de labranza, a pousada, unha cantina, a capela e ata un cole moi diferente do noso agora.









Na xoguetaría había uns xoguetes cos que xogaban os nosos avós. Non se parecian tampouco ós nosos. Por último vimos un kiosco cheo de cómics antigos. Aproveitamos para ver como eran as moedas que usaron os avós e os papás cando eran pequenos. E rematamos mirando fotos de actores e actrices famosos en épocas xa pasadas. Cantas cousas vimos e canto aprendemos!!!











E aproveitando que estabamos no cole da Uceira visitamos as aulas de 1º, pois os nenos/as de 5 anos para o ano irán a ese edificio e así xa se familiarizaron con elas. Tamén saudamos ós nenos/as de 5 anos da Uceira e á profe Merce.










Despois fomos ver a cociña e o comedor. Encantáronnos as mesas e os pratos de cores.






 E rematamos esta visita correndo polo ximnasio. Cantos materiais!!!!





Pasámolo xenial!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario