martes, 11 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014. FESTA!

Hoxe, 11 de novembro, celebramos o San Martiño no colexio. Coma tódolos anos tivemos actividades cos nen@s, coas profes e cos pais-nais ou familiares. Ó rematar, merendamos e tomamos un rico chocolatiño.


O primeiro que fixemos antes de baixar á festa foi poñer os nosos pins de castaña e os colares que trouxemos feitos da casa.

Xa estabamos preparados...





Aos nen@s de 3 anos, tocoulle facer carreiras.







Aos de 4, carreiras saltando cos pes xuntos.













E, os de 5, participaron en carreiras á pata coxa.





Despois, chegou o turno dos pais-nais.
Os pais-nais de 3 anos participaron no xogo das sillas musicais.










Os pais-nais de 4 anos participaron en carreiras por parellas e cunha laranxa no medio.





E, os papás-mamás de 5 correron cos pes atados tamén por parellas.




Logo, chegou o turno das profes, que cunha castaña nunha culler tamén participaron.



Tamén houbo o xogo co globo no aire...




Para logo rematar coa merenda: castañas asadas, boliños, gusaniños, palomiñas,... e como non... CHOCOLATE quentiño.












Non puidemos facer fogata xa que se puxo a chover, pero polo menos o tempo axudounos para facer as actividades programadas no patio.

OS NEN@S PASÁRONO XENIAL!

No hay comentarios:

Publicar un comentario