miércoles, 28 de mayo de 2014

DE EXCURSIÓN A SANTIAGO

Imos de excursión a Santiago de Compostela! 
A primeira hora da mañá, facemos os bocatas e preparamos as viandas.


Preparándonos - Movie Maker

Xa chegou o autobús!
Moi ledos todos, subimos e sentamos. Abrochamos os cintos...


Ímonos! - Movie Maker

A primeira parada facémola no Aeródromo Militar, onde nos reciben con moita lecidia e ganas de ensinarnos a escola de pilotos,... e como non... as avionetas que alí teñen.
Ata nos puidemos montar nunha delas. QUE SORTE!

Logo,... como por arte de maxia, chegou un coche de bombeiros... ENORME!!


Aeródromo-Bomberos - Movie Maker

A segunda parada fixémola na Cidade da Cultura, que grande e que bonita!
Alí, dous monitores ensináronnos a exposición sobre a Auga e fixemos algunha actividade.

Aproveitamos para comer alí.
Que rico estaba todo!



Cidade da cultura - Movie Maker

Para finalizar a nosa excursión, dirixímonos á Estación de Tren, onde con axuda de protección civil, subimos ao tren e viñemos moi ledos, disfrutando da paisaxe.

Ó chegar á estación do Carballiño, merendamos e ó rematar voltamos en autobús para o colexio, onde nos agardaban os nosos papás e mamás.


Voltamos en tren- Merenda - Movie Maker

PASÁMOLO XENIAL!

NOTA: As profesoras, nen@s e pais-nais do colexio C.E.I.P. Plurilingüe Calvo Sotelo, Edificio Campo da Feira, queremoslle agradecer aos profesionais do Aeródromo Militar e da Cidade da Cultura a súa colaboración e o excelente trato que tiveron con nós.
Especial mención e agradecemento tamén a Protección Civil de Santiago e Carballiño pola gran axuda que nos prestaron.

MOITAS GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario