Todos os nen@s fixemos un motivo relacionado co Samaín para levar para as nosas casas.
Os de 3 anos troquelaron unha cabaza, que logo se converteu en careta.
Os de 4 anos pintaron unha cabaza con gorro de bruxa, que tamén se converteu en careta.
E os de 5 anos pintaron con témpera unha bruxa. No sombreiro botáronlle purpurina para que brilase na noite, e..., despois de troquelala, levárona na man.
E, para rematar o día..., aquí estamos todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario