AS BOLBORETAS DO CAMPO DA FEIRA
Páginas
Página principal
Sobre nós..
O cole...
Blogs do cole...
viernes, 28 de octubre de 2011
E CHEGOU O SAMAÍN
Para celebrar a chegada do Samaín, os nenos e nenas de 3 anos fixeron un colar coa cabaza:
Os de catro fixeron unha careta dunha pantasma...que medo!
E os de 5, mirade que bruxa. Mete medo!
Para rematar o día, levamos os nosos traballos para a casa.
jueves, 27 de octubre de 2011
PREPARÁMONOS PARA O SAMAÍN
Todos os nenos e nenas do cole pintamos unha cabaza para adornar a clase.
O primeiro que fixemos foi preparar a cor laranxa. Para iso, mesturamos as cores vermella e amarela.
Como lles gusta pintar coa témpera!
E que bonitas quedaron!
jueves, 20 de octubre de 2011
ANIVERSARIO DE GEMA
Que ben o pasamos hoxe no aniversario de Gema e que boas estaban as galletas que nos trouxo.
miércoles, 19 de octubre de 2011
XOGANDO COAS FORMAS, CORES E TAMAÑOS
Os nenos e nenas de 3 anos estivemos xogando cos bloques lóxicos.
A profe deunos a cada neno un círculo.
Segundo o tamaño, os nenos e nenas metemos os círculos no aro correspondente, despois de dicir a cor do noso círculo e se era grande ou pequeno.
Fixémolo moi ben.
Que ben o pasamos!
martes, 18 de octubre de 2011
CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ÁLVARO
Hoxe na aula de 3 anos celebramos o aniversario de Álvaro con galletas feitas pola súa mamá.
Que boas!
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)