Moitas felicidades!!
Páginas
▼
viernes, 31 de mayo de 2019
jueves, 16 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Esta semana tocaba aprender cousas da nosa comunidade.
Vivimos en Galicia, na provincia de Ourense e estamos na vila do Carballiño.
Galicia ten unha bandeira e tamén un himno.
Celebramos o 17 de Maio a nosa festa, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e este ano tócalle ser homenaxeado a Antonio Fraguas Fraguas.
Antonio Fraguas naceu en Cotobade e escribiu moitas historias.
Así foi que tiñamos que lembrar unha morea de cousas, así que puxémonos mans á obra.
Os nenos de 3 anos convidáronnos á súa clase para ler un conto moi especial dos Bolechas.
Despois era hora de elaborar un mural para o Equipo de Normalización Lingüística.
Os nenos de 3 anos pintaron a bandeira de Galicia e moreas de serpes dos contos de Antonio Fraguas.
Os de 4 pintaron o mapa de Galicia e ademáis quixeron demostrarnos que xa son maiores escribindo os textos.
E os de 5 fixeron o retrato de Antonio Fraguas Fraguas.
O resultado foi o seguinte:
Aprendemos a Cancion de Uxia Lambona e a Banda Molona: "Pousa"
Ensaios e actuación estelar!!!!
E por último coñecemos o himno de Galicia.
E que mellor que sair lucindo as nosas bandeiras coa música do noso himno de fondo.
FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!
Deica o Martes 21!!!
miércoles, 15 de mayo de 2019
PROXECTO DO REINO UNIDO
Este curso a proposta dende o equipo de Biblioteca foi como xa sabemos UNHA VIAXE POR EUROPA.
Ademais de xirar o entroido en relación á temática fixemos máis actividades sobre o tema.
✈ Comezamos coñecendo algo con libros, videos...
✈ Participamos nun libro viaxeiro que logo resultou ser moi divertido e creativo.
✈ Fixemos o noso libro particular, donde lembramos o aprendido.
✈ E xogamos cun rato diferente, UN RATO INTERACTIVO, que chegou dende a Biblioteca dos maiores.
PASÁMOLO MOI BEN E COÑECEMOS O REINO UNIDO!!!!
domingo, 5 de mayo de 2019
FELIZ DÍA: MAMIS, ABUELAS...
Hoxe é o día para tod@s aqul@s que exercen o papel de nai!!!
Os peques do Campo da Feira non o quixeron esquecer.
MOREAS DE BICOS PARA TOD@S!!!