jueves, 29 de octubre de 2015

REMATA A SEMANA DO SAMAÍN...

...e chegan as últimas cabazas ó cole.
Asi de decorada nos quedou a escaleira. Grazas ós que colaborastes a que isto fose posible.



Ademais fixemos todo o día actividades relacionadas co Samaín. Os de 4 anos picaron unha bruxa na vasoira.




E tódalas clases fixeron un antifaz con forma de morcego. Os de 4 e 5 anos picárono enteiro e os de 3 picáronlle os ollos.








E recibimos a visita sorpresa de... dous fantasmas!!! Fantasmín e Fantasmón foron polas clases saudando ós nen@s. Como son fantasmas bos non os asustaron e despois quedáronse nas escaleiras do patio.






Á saída levamos posto o antifaz e transformámonos en morcegos.








Cantas sorpresas e emocións!!!! Desexamos que pasedes uns días de merecido descanso. Vémonos de novo o martes día 3. FELIZ SAMAÍN!!!


miércoles, 28 de octubre de 2015

CABAZAS... E MÁIS CABAZAS

Hoxe chegaron novas cabazas ás aulas.



Ademáis nas aulas estamos traballando esta festa do Samaín. Na clase de 3 anos fixeron unha cabaza con gorro de bruxa pintando e picando. Tamén decoraron unha bruxiña moi simpática que non da ningún medo.  








Na clase de 4 anos colorearon morcegos.



Os de 5 anos colorearon unha bruxa con rotuladores.