viernes, 19 de junio de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO!!!

Este ano, para celebrar o final de curso, representamos o conto de "Os tres porquiños". É unha representación onde participan tódolos nenos/as do cole, pero os de 5 anos fano dunha forma máis activa.
Tamén dramatizamos tres cancións:
  • Pum, pum.
  • Verano.
  • Canción de los oficios.
Para comezar, preparamos os decorados, as caretas, repartimos papeis e ensaiamos o conto...











 ...e as cancións.






Onte pola mañá, ó chegar ó cole vestímonos cos traxes. Había árbores, paxariños, flores, bolboretas...
Tamén estaban os narradores, un cazador e, por suposto, os porquiños e o lobo feroz.























Xa estamos listos e baixamos para comezar a obra. Que nervios!!!




















































Ó rematar, quitamos os disfraces e cantamos as cancións.











Despois disto, colocamos os bancos e procedemos á entrega dos diplomas e orlas ós nenos/as de 5 anos. Este ano tiñan banda e birrete...feitos polas nais deste curso.























 Noraboa ós licenciados!!! Ímosvos botar de menos.

 E ata á profe tamén lle puxeron unha banda.




Despois de entregarlles uns ramos a tódalas profes e ás conserxes e tamén uns agasallos á profe de 5 anos, comezou a festa cun animador.











Que ben o pasamos!!!
E despois de gastar tanta enerxía é o momento de repoñela cunha boa merenda na que había pizza, empanada, tortilla, patacas fritas, gusaniños... E de postre, xelado!












 Mmm, que bo estaba todo!!!

E que ben o pasamos neste día especial!!!

Só nos queda desexarvos un bo verán e... FELICES VACACIÓNS!!!
Vémonos en Setembro.