jueves, 26 de marzo de 2015

AS PORTADAS DO NOSO TRABALLO

O trimestre está a piques de rematar e estes días estivemos a facer as portadas para poñerlle ós nosos traballos.

Os de 3 anos pintaron e picaron.








Os de 4 anos pintaron, picaron e despois de estender plastilina, este foi o resultado:











 Os de 5 anos tamén picaron e a portada quedoulles así:








Despois de tanto traballo pódese dicir que nos quedaron unhas portadas totalmente primaverais, non si? 
E co cambio de estación tamén houbo cambios nas clases. Estes son os nosos corchos.





Ademais, como remate da unidade das tendas e xa que na saída ó mercado fomos a un zapateiro, os nenos de 5 anos fixeron un zapato chulísimo.




 Aproveitando que se achega a Semana Santa os nenos de 4 anos decoraron a aula cun ovo de Pascua.





Á clase de 3 anos tamén chegou un ovo de Pascua envolto nun fermoso lazo.





OS CUMPLES DO MES DE MARZO

Hoxe celebramos os cumpreanos deste mes. En 4 anos estivo de aniversario Diego, que nos trouxo dóces, chocolates e zumes.






 
E na clase de  5  cumpriu xa 6 anos Iker José, que nos invitou a biscoito, gusaniños, chocolate e zumes. Que rico!







PARABÉNS A TODOS!!!

lunes, 23 de marzo de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Hoxe, para traballar os días internacionais da árbore e da auga, plantamos un acivro que nos regalou a Deputación de Ourense. Despois de observar nas clases como era...









 ...puxémonos mans á obra. Cavamos, regamos e plantamos a árbore. E prometemos coidala sempre.










De volta ás aulas, traballamos o conto "A palabra máxica" que tamén nos enviou a Deputación Provincial. A profe Lucía adaptóunolo ás nosas idades e despois fixemos un traballo relacionado. Iso sí, só o levaron para a casa os de 5 anos.